...E chegamos ao final dun curso atípico... Un curso no que a situación xerada pola pandemia nos colleu a tod@s por sorpresa, e tocounos botar man de actitudes positivas para afrontar a situación e ser capaces de reinventarnos.
Por iso, dende este blogue que nos permitiu estar de algunha forma en "contacto", soamente me queda darvos a miña mais sincera noraboa, tanto a vós alumnas e alumnos do CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO polo voso traballo, coma as vosas familias, merecedoras dun agradecemento especial polo seu esforzo e dedicación.
Agora ven o verán, así que desfrutade dunhas merecidas vacacións e a aproveitade para facer algo de deporte e actividade física que xa sabedes todo o que nos aporta. 😃😃
Nada mais, agradecervos tamén a agradable e enriquecedora estancia que tiven con tod@s vos no Ceip Plurilingüe de Monterroso e con iso dicirvos un ata pronto...
Unha aperta moi grande.
O voso profe de Educación Física,
Diego Trigo