lunes, 18 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

Bo día a tod@s!! Como xa sabedes, onte celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, un día para celebrar e reivindicar coma o resto do ano o que é noso e fai que nos sintamos orgullos@s da nosa riqueza cultural e patrimonial. Por iso, na entrada de hoxe quero facer unha pequena homenaxe recordando e poñendo de manifesto a riqueza de xogos e xoguetes populares e tradicionais da nosa terra, que non son poucos... Moitos deles son capaces de facernos viaxar no tempo, sobre todo as vosas familias, nais, pais, avoas e avós que seguro que xogaron a moitos deles e construíron os seus propios xoguetes. É imprescindible non esquecer estes xogos que tanto nos entretiveron e que forman parte da nosa cultura e patrimonio.
Por unha parte deixovos un enlace a un apartado da páxina onde poderemos ver como xogar a xogos típicos galegos coma o "vexo vexo", "a pita cega"; outros xogos de lanzamentos coma "as sete e media" ou "o sapo", "a rá", "o xogo da estrela", "o bixo", "a chave", "o corno", "o tiramillos"; "os birlos", "a coviña", "a perinola", etc; tamén atopamos xogos de saltos como "a goma", "a corda", "a mariola"; xogos de equilibrio como "o zurriagazo", "os zancos" e moitos máis!!!! Se tedes ocasión, botádelles unha ollada e poñede algún en práctica. Cando volvamos a xuntarnos ou de cara ao ano que vén de seguro que se traballará neles.




Por outra banda, tamén quero destacar outro apartado desta páxina, onde podedes atopar as chamadas "Picaraxadas", un montón de xoguetes construídos moi típicos dos nosos avós e avoas cando eran nenos e que probablemente algún de vós tivesteis a sorte de que vos fabricasen algún.




No hay comentarios:

Publicar un comentario